Friday 26 de April de 2024

Os Reis Magos repiten a súa cita no concello e percorrerán todas as parroquias


· O Concello apalabrou a cita coas Súas Maxestades de Oriente para este xoves, 5 de xaneiro, a partir das 15.30 horas.

Os Reis Magos repiten, este ano, a súa tradicional cita en Carral, ofrecendo un percorrido por todas as parroquias do municipio. As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao concello este xoves, 5 de xaneiro, cunha premisa clara: recoller os desexos de todos os nenos e nenas.

O percorrido dos Reis Magos incluirá as seguintes paradas:

· O Xalo: 15.30 horas

· Cabrois: 15.45 horas

· Quembre: 16.00 horas

· Tabeaio: 16.20 horas

· Barcia: 16.30 horas

· Gosende: 16.50 horas

· A Cabra: 17.00 horas

· Sergude: 17.15 horas

· O Canedo: 17.30 horas

· San Vicente de Vigo: 17.45 horas

· As Travesas: 18.00 horas

· Cañás: 18.15 horas

· Veira: 18.30 horas

· Carral: 19.00 horas

Os horarios do percorrido son orientativos. En todo caso, a última parada do tour real será no Campo da Feira de Carral onde, desde as 18.00 horas, os cativos e cativas poderán gozar de xogos, de animación e, ademais, degustar o Roscón de Reis con chocolate.